Recensión bilbiográfica |
Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senon unha lectura profunda, un analise do seu contido e unha valoración critica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas a tamanho 12 (descontada a capa). |
Lecturas |
Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario. |
Discusión dirixida |
Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas. Se for o caso, o profesor poderá exixir a entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a un cronograma previamente combinado. |