Traballos tutelados |
Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". |
20 |
Presentación oral |
Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipa e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. |
10 |
Estudo de casos |
Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. |
25 |