Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa | Código | 613G03022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) | Competencias da titulación | ||
Esta materia proporcionará ao alumno uns coñecementos importantes para o estudo da literatura e o desenvolvemento da lingua inglesa. O alumno terá coñecementos básicos acerca da historia das Illas Británicas e os EE.UU; saberá relacionar eventos, persoas, lugares, causas e efectos. O alumno terá coñecementos xerais acerca da xeografía das Illas Británicas e os EE.UU; saberá localizar trazos importantes, puntos de interese e cidades principais nun mapa mudo; a influencia do clima nas diferentes zonas apreciarase en relación co modo de vida; a densidade de poboación e as actividades económicas principais comprenderanse no contexto dunha serie de factores xeográficos. O alumno sabrá explicar como funcionan os sistemas de goberno respectivos do Reino Unido e os EE.UU; as diferenzas e similitudes apreciaranse en relación coa súa historia conxunta e individual como comunidades. Unha parte da Cultura (cunha 'C' maiúscula) é o recoñecemento das obras de arte principais, aos cales a miúdo se refire na literatura, os medios de comunicación e nas fontes históricas; o alumno coñecerá certo número de obras de arte en contexto, e saberá explicar o seu significado cultural no pasado e o presente dos EE.UU e o Reino Unido. | A1 A2 A6 A9 A10 A15 A17 A21 |
B3 B4 B6 B7 |
C2 |