Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Por parellas os alumnos realizarán un pequeno traballo de investigación, que se presentará oralmente en clase. A temática poderase elixir de entre un listado de temas relacionados co programa. 30
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos. 50
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación. 20
 
Observacións avaliación

 



  • Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.  
  • A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  • A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2012-13 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
  • As datas para a entrega de tarefas e para a realización da presentación deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  • Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a presentación oral) e que tampouco entregase polo menos o 50% das tarefas prácticas con TIC.

  • Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.