Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas. 25
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

  1. Entrega de traballos tutelados (tarefas escritas) na cuarta semana do primeiro cuatrimestre (do 1 ao 5 de outubro 2012) e na última semana (do 17 ao 21 de decembro).  É necesario entregar tódolos traballos especificados polo profesor para poder optar a que se sumen ao resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Non serán recollidos para a sua avaliación aqueles traballos dos alumnos que non asistan ás clases interactivas (reading/writing skills).  Recordamos da obligatoriedade de asistir polo menos ao 80% destas clases; polo tanto, se controlará a asistencia coa sinatura. 
  2. Proba mixta: data aprobada pola Xunta de Facultade para o curso 2012-13 (primeira oportunidade ao finalizar o cuatrimestre). Esta data non é negociable.
  3. A segunda oportunidade, en xullo, según o calendario aprobado pola Xunta de Facultade, consistirá en repetir a(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). 
  4. A oportunidade de xullo non é para millorar a nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar a(s) parte(s) non aprobada(s).
  5. No se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
  6. As datas para a entrega de tarefas e para a realización do examen oral deben respetarse; calquer incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  7. Obterán unha cualificación de “Non Presentado” aquel estudante que non se presente a ningunha das duas probas (a proba mixta e a proba oral) e que tampouco realizara os traballos tutelados.

  8. Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

    Para mais detalles, véxanse --Recomendacións--.