Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno 2: Portugués | Código | 613G03054 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 20% da nota final | 20 |
Presentación oral | Cada alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. | 20 |
Proba obxectiva | O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. | 30 |
Traballos tutelados | Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final. Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa. |
30 |
Observacións avaliación | ||
Non será posíbel a superación da materia sen a realización satisfactoria da proba final nin a presentación, dentro dos prazos, dos traballos tutelados. O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá realizar as presentacións orais e participar nas discusións dirixidas através de ferramentas de comunicación asíncrona. En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, incluída a proba de ensaio. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación. |