Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro A avaliación do taller só se realizará se o alumno presentou todas as prácticas do curso e obtivo en cada unha delas polo menos un 40% da máxima cualificación posible. 20
Portafolios do alumno A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se este se presenta completo. 10
Proba obxectiva A puntuación de cada un dos exercicios teórico-prácticos estará indicada no enunciado da proba.
Para poder obter a media ponderada global, requirirase polo menos un 40% da máxima cualificación posible en esta proba.
65
Sesión maxistral Para obter esta cualificación, é obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións maxistrais. 5
 
Observacións avaliación

Nas convocatorias extraordinarias, para poder efectuar a avaliación global da materia será necesario que o alumno presente todas as prácticas do Taller e o Portafolios completo, ademais de realizar a Proba obxectiva correspondente; nestes casos, as porcentaxes de cualificación dentro da nota final non variarán con respecto á convocatoria ordinaria.

Os alumnos que repitan a materia poderán ser eximidos de realizar determinados exercicios.