Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teórico-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. A configuración das mesmas, así como os oportunos criterios de cualificación, serán definidos expresamente con cada enunciado. Durante o seu desenvolvemento permitirase a consulta dun formulario manuscrito polo propio alumno, cunha extensión máxima dun formato A4 (ver esquema no apartado metodolóxico), no que debe figurar o nome do alumno, e que se entregará conxuntamente co resto da documentación elaborada polo alumno durante o transcurso do exame. Así mesmo, poderase consultar a normativa. 80
Solución de problemas A efectos de lograr unha maior continuidade no proceso de avaliación, exponse unha ejercitación práctica periódica atendendo aos contidos previamente desenvolvidos. Tales supostos prácticos deben ser resoltos nun tempo limitado, coa única apoyatura dun formato A4 esquemático elaborado polo propio alumno (ver esquema no apartado metodolóxico), e da propia normativa cando esta resulte pertinente e así se indique por parte do profesorado.
Así mesmo, dentro deste apartado considéranse incluídos os resultados alcanzados no ámbito do taller.
20
 
Observacións avaliación
A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada.
Os alumnos que se presenten nas convocatorias ordinarias na proba mixta, e non seguisen o curso, só poderán optar a unha cualificación máxima de 8,0 puntos, sobreentendiéndose que a cualificación mínima para superar a materia é de 5,0 puntos.