Código Competencias da titulación
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización en calquera das súas áreas funcionais e de administración (finanzas, produción, comercialización, recursos humanos, etc.).
A2 Identificar e usar técnicas e ferramentas de xestión e de administración de empresas e outras organizacións (por exemplo: técnicas de investigación de mercados, de análise estatísticos, ratios comparativos, etc.).
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A5 Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 Analizar e estruturar un problema dunha empresa e deseñar unha solución.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Preocupación pola calidade.
B10 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información que provén de fontes diversas).
B11 Planificación e xestión do tempo.
B13 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.