Código Competencias da titulación
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización en calquera das súas áreas funcionais e de administración (finanzas, produción, comercialización, recursos humanos, etc.).
A2 Identificar e usar técnicas e ferramentas de xestión e de administración de empresas e outras organizacións (por exemplo: técnicas de investigación de mercados, de análise estatísticos, ratios comparativos, etc.).
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
A11 Planificar e executar proxectos de control interno e auditoría.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.