Código Competencias da titulación
A1 Coñecementos básicos e específicos sobre as distintas disciplinas que ten que impartir no exercicio do seu labor profesional un mestre de Educación Primaria.
A3 Coñecer as características das organizacións educativas que atenden os nenos e nenas de 6-12 anos.
A5 Coñecementos de novas tecnoloxías e a súa aplicación ao ámbito educativo.
A8 Capacidade para interpretar as dificultades e os problemas propios da profesión docente e tomar decisións axeitadas para a súa solución.
A11 Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado de educación primaria.
A19 Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.