Temas Subtemas
MÓDULO I. A Didáctica no marco das ciencias da educación.
- Ámbito conceptual da Didáctica.
- Natureza, obxecto de estudo e finalidade da Didáctica.
- A Didáctica, os procesos de ensino e aprendizaxe e o currículum.
MÓDULO II. As funcións sociais do ensino: (re)produción e (re)construción dos
saberes, das condutas e dos valores.
- As relacións escola-ensino-sociedade.
- Ensino e socialización: os principios do ensino nunha sociedade democrática.
- Reprodución e reconstrución do saber e da sociedade na escola.
- Harmonía e conflito nas relacións ensino-sociedade: contradicións no proceso de
socialización.
- A escola como camiño para a igualdade e a inclusión social, cara unha escola
multicultural.
MÓDULO III. A cultura da institución escolar
- As dimensións da escola.
- A cultura no ensino obrigatorio: o currículum como categoría para a análise da
cultura escolar.
- O oculto e o manifesto na aprendizaxe escolar.
- As determinacións dos contidos.
- O ensino na sociedade da información.
- Os fins básicos dos niveis do sistema educativo.
MÓDULO IV. O ensino como estrutura de comunicación
- As relacións interpersoais no proceso de ensino.
- A aula e os centros como espazos de comunicación pedagóxica.
- A xeración de expectativas e a aprendizaxe escolar.
- A importancia do clima da aula na aprendizaxe.
- O ensino máis alá do coñecemento: dimensións persoais.
MÓDULO V. O deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe
- As concepcións sobre o currículum.
- As fontes e enfoques do currículum.
- Elementos e funcións do currículum.
- Niveis de concreción/obxetivación do currículum.
- O ensino como deseño e desenvolvemento do currículum.
MÓDULO VI. O ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e
estudantes: a análise da acción
- A interacción de profesorado, estudantes, cultura, contexto e recursos nas
actividades de ensino.
- As tarefas como marco de socialización educativa e do proceso de ensino e
aprendizaxe.
- A estrutura de tarefas académicas no traballo de ensinantes e na actividade do
alumnado.
- Pautas para o estudo de tarefas e das súas secuencias.
- Os métodos pedagóxicos: secuencia de tarefas.
- Os recursos didácticos, organizativos e materiais no proceso de ensino e
aprendizaxe.
- Modelos e tradicións metodolóxicas na selección de actividades de ensino: a súa
valoración crítica.
MÓDULO VII. A avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe
- A avaliación no pensamento educativo e na práctica escolar.
- Funcións da avaliación no contexto escolar e social.
- Modelos de avaliación e posibilidades pedagóxicas.
- Modalidades de avaliación. Avaliación cuantitativa e cualitativa. Avaliación
diagnóstica, formativa e sumativa. A autoavaliación.
- Técnicas e instrumentos de avaliación: as súas características e limitacións.