Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados --------------------------------------------------
O traballo grupal terá como prazo de entrega o día do exame final.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
-------------------------------------------------
30
Proba mixta -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Presentación oral --------------------------------------------------
Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Todas as presentacións terán lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
---------------------------------------------------
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase en polo menos un 80% do horario completo. Para que as tres actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 tanto no traballo como no exame final. 

Quen non cumpre coa mínima puntuación nalgunha destas dúas actividades de avaliación (traballo e/ou exame) terá que presentarse tamén ao exame de Xullo (á segunda oportunidade) para superar a materia.

Quen non asiste coa debida regularidade terá que poñerse en contacto coa profesora e, para
superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.