Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos bibliográficos e audiovisuais para a reflexión e crítica.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequenos grupos para resolver tarefas propostas polo profesorado.
Discusión dirixida Debate en grupos.
Estudo de casos Presentación dunha situación sociolingüística ou educativa concreta para a análise e discusión en grupos.
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal na que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico.
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na presentación dunha proposta didáctica
Proba oral Proba na que se avalían as habilidades lingüísticas e comunicativas do alumnado en lingua galega
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.