Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Durante o horario de titorías (que se fará público ao comezar o cuadrimestre), o profesor encontrarase no seu despacho, disposto a responder calquera pregunta verbo dos contidos teóricos da materia, da marcha das sesións interactivas, do proceso de avaliación, etc. Cómpre advertir, porén, que o diálogo co profesor non é unha obriga, senón unha posibilidade que se ofrece ao alumnado. A porta do despacho está aberta, mais son os/as estudantes quen teñen que petar nela, se o estiman conveniente.