O desenvolvemento das persoas depende da estimulación temperá que se proporciona ao longo dos primeiros anos de vida dado que o que ocorre no primeiro período da infancia é importante para as etapas posteriores; por isto para lograr o máximo desenvolvemento e a integración escolar e social de todas as criaturas, con ou sen dificultades, débese optar por unha intervención de carácter interdisciplinar e preventiva que atenda de maneira global as súas necesidades. Así, a atención temperá supón ir sentando as bases do desenvolvemento procurando o aproveitamento ao máximo de todas as capacidades, para a mellora do proceso de aprendizaxe.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías