Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Atención temperá | Código | 652G01033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Recensión bilbiográfica | Lectura individual de documentos e análise e valoración crítica, de forma colaborativa, do seu contido. |
Presentación oral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora en escenarios diferentes ao da aula. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos de cada un dos temas. |
Portafolios do alumno | Esta carpeta inclúe todo o traballo do grupo ao longo do curso (recensión, esquemas, actividades iniciais, aprendizaxe colaborativa, tarefas desenvolvidas,..) |