Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación continua a través do seguimento do alumno/a por parte da súa dirección académica. 50
Presentación oral Avaliación global emitida polo tribunal sobre o proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias reflexadas tanto no traballo tutelado, como a través da exposición e defensa do mesmo. 50
 
Observacións avaliación

Para superar o Traballo de Fin de Grao será necesario superar os dous elementos da avaliación: traballos tutelados e presentación oral.

A superación da parte da avaliación correspondente ao traballo tutelado é condición indispensable para poder presentar e defender oralmente o mesmo.


Enténdese que a parte de traballo tutelado está superada, e este pode ser presentado e defendido ante un tribunal cando se conta co informe favorable da dirección académica do mesmo, que debe incluir unha cualificación numérica mínima de 5 (nunha escala do 1 ao 10).


A superación da parte da presentación oral implica que o tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 5 (nunha escala do 1 ao 10).


A cualificación final será a media entre a cualificaicón emitida pola dirección académica do traballo e a emitida polo tribunal.


No caso de non contar co informe favorable da dirección académica do traballo, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO.


No caso de non realizar a presentación e defensa oral do traballo, tendo o informe favorable da dirección académica, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO


No caso de non superar a parte da presentación e defensa oral do traballo, a cualificación recibida será a emitida polo tribunal.


CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN


Segundo a Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao a cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/20037 de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:


a) 0-4,9 suspenso


b) 5,0-6,9 aprobado


c) 7,0-8,9 notable


d) 9,0-10 sobresaliente