Traballos tutelados |
Actividades non presenciais: Traballo persoal co obxectivo do uso por parte do alumnado das competencias Tipo A (coñecementos) e as do Tipo B, mediante a realización de comentarios críticos, pequenos traballos de revisión/investigación e análises dos temas de educación de maior actualidade e situacións ou realidades sociais relativas á exclusión social en educación. De igual xeito, a participación en grupos de discusión e entrevistas con fins de recoller información, así como o uso das TIC. |
Recensión bilbiográfica |
O alumnado deberá presentar individualmente e por escrito unha recensión e análise de lecturas seleccionadas dos textos indicados polo profesor da asignatura. Poderán ser citados para revisar o contido destas recensións. |
Análise de fontes documentais |
Utilízase para a análise duns detrerminados temas relativos á situación do noso país, e consistirá no uso de fontes documentais e estatísticas ó uso para o recoñecemento dos temas educativos, así como dos posibles modelos e aplicacións para a captura de información e diagnóstico do problema educativo, as diferencias según comunidades autónomas e as reformas educativas. |
Discusión dirixida |
Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade. |