Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Código | 652G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | Na presentación participarán todos os membros do grupo. Cada presentación durará un máximo de 20 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio. Valoraranse os aspectos a seguir: • Calidade da participación na preparación desta actividade. • Relevancia e organización dos contidos expostos. • Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). • Nivel de comprensión dos contidos básicos. • Capacidade analítica e de síntese. • Claridade expositiva. • Creatividade expositiva. --------------------------------------------------- |
40 |
Traballos tutelados | O traballo será en parella ou individual, e terá como prazo de entrega o día do exame final. Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir: • Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%). • Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%). |
60 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia será necesario acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase en polo menos un 80% do horario. Para que as dúas actividades de avaliación entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha delas (presentación oral e traballo). Quen non cumpre cos mínimos de puntuación nestas dúas actividades de avaliación, pero que asiste a clase coa debida regularidade, terá que presentarse ao exame final de Xullo que lle valerá o equivalente da actividade non superada. Quen non asiste a clase coa debida regularidade terá que presentarse a un exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia. O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. |