Metodoloxías
Portafolios do alumno
Estudo de casos
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
Realizaranse titorías grupais co alumnado que está desenvolvendo cada un dos subtemas que completan o tema xeral que se aborda mediante aprendizaxe colaborativa.

Presentarase na aula casos de alumnos ou alumnas con diferentes problemáticas relacionadas coa linguaxe e abordarase a análise dun xeito integral. Os estudantes deben realizar o diagnóstico educativo e a proposta de intervención pedagóxica. Nesta tarefa a profesora realizará un seguimento periódico mediante atención persoalizada.

Resulta imprescindible para o alumnado non asistente que manteña unha frecuente comunicación coa docente para a preparación da materia.