Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Na parte do portafolios centrada nas prácticas clínicas deberase incluir un historia clínica de cada paciente e un breve informe que faga referencia aos datos da evaluación e do tratamento realizado, así como unha valoración persoal
20
Seminario Na parte do portafolio referida aos seminarios debe incluirse un resumen acerca do contido de cada seminario, un breve informe acerca dos materiais adaptados ou elaborados, os rexistros de observación empleados e cada alumno deberá elaborar un informe dun paciente que se lle asigne.
Tendo en conta tamén a participación activa nas actividades plantexadas e a actitude do alumno/a.
20
Prácticas clínicas Farase unha valoración das capacidades profesionais de cada alumno/a, na que se terá en conta a capacidade de traballo en equipo, de resolver problemas, de aplicar coñecementos, para adaptarse o paciente, e a capacidade de comunicación co paciente e coa familia.
60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (seminarios,


portafolios e prácticas clínicas).


O alumnado que suspenda as prácticas clínicas e/ou os seminarios, non superará a materia nese


curso académico.


Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das


actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.


A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non


superar a materia, a cualificación será o resultado da media das actividades suspensas.