Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
A atención persoalizada nestas metodoloxías ten como principal finalidade orientar o manexo, a ordeación, a comprensión e a avaliación dos materiais de traballo, tanto no nivel escrito como no nivel oral.
Pretende tamén guiar a deliberación e a argumentación para afinaren o rigor nas mesmas, especialmente polo descoñecemento xeral da linguaxe e dos conceptos éticos e xurídicos e a falta de costume no manexo dos devanditos argumentos.

O contacto co profesor se pode facer persoalmente, nas sesións presenciais ou no seu despacho (área de Filosofía do Dereito. 3.º andar da Facultade de Dereito, Campus de Elviña), por vía electrónica (jaseoane@udc.es) ou por vía telefónica (981167000, extensión 1586).