Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Anatomía Humana | Código | 653G01106 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado. |
Prácticas de laboratorio | Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas: - Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. - Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. - Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia. - Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. |
Seminario | É unha técnica de traballo en grupo reducido que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os participantes do seminario. O fin desta metodoloxía é aclarar concepto e resolver dúbidas. |
Obradoiro | Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. |
Proba mixta | Proba mixta.- Inclúe. 1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por preguntas cortas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado. 2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe: - Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test. As preguntas constan de un enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira. - Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica. - Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas. 3.- PROBA ORAL.- Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude. |
Prácticas clínicas | Basándose na valoración funcional de músculos e articulacións, preténdese favorece a adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedimentos de enseñanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións. O alumnado traballa conxuntamente en grupos reducidos na resolución de tareas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |