Código Competencias da titulación
A21 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
A22 Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
A24 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.