Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Valorase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos , a capacidade de análise e comprensión da situación, asi como a idoneidade das solucións formuladas.
Cando a asistencia aos estudios de casos sexa obrigatoria valorarase a capaciade de interacción dentro do grupo e as aportacións durante o proceso de reflexión colexiada.
15
Traballos tutelados A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:relación entre valoración, diagnósticos e planificación de resultados e intervencións de enfermaría. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. 15
Proba mixta Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de preguntas curtas, tipo test e casos clínicos, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 70 % da cualificación final. 70
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio e obrigatoria. A superación lograrase cando o estudante adquira as habilidades e destrezas necesarias no desenvolvemento dos procedementos e técnicas. A avaliación dos coñecementos incluese nas preguntas da proba mixta. 0
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.