Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plano de coidados individualizado en cada un dos dous rotatorios clínicos. Un plano de coidados médico e un plano de coidados cirúrxico.
Portafolios do alumno O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- Unha valoración crítica da aprendizaxe nas unidades de rotación que incluirá a autoavaliación do estudante mediante items normativizados.
2- Un diario reflexivo das prácticas clínicas.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas en unidades de atención médico- cirúrxicas e de saúde mental.