Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Solución de problemas Os Planos de Coidados realizados en cada rotatorio presentaránse, obligatoriamente, de xeito oral con apoio audiovisual e cos seguintes criterios de avaliación:

1. Presentación e estrutura: ate 2 puntos.
2. Claridade na redacción: ate 2 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese: ate 2 puntos.
4. Capacidade crítica e aportación persoal: ate 4 puntos.
45
Portafolios do alumno Avaliarase:
1- A capacidade de síntese na avaliación da aprendizaxe na unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeria: ate 4 puntos
5
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:


Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes e obligatorio estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría


 


Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


 


A aplicación de la cualificación correspondente  realizaráse sempre que o estudante teña todalas  probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas e Portafolios ) superadas de xeito independente.


Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínica, Solución de Problemas e Portafolios). A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes.



O sistema de cualificacions  expresaráse mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)


O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.


Os aspectos e criterios xeráis que a ter  en consideración ó avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas e Portafolios) serán:  asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contenidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.


As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todalas probas para acadar unha cualificación positiva definitiva