Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias de atención primaria de saúde nas que os estudantes observan e participan nas actividades do equipo de saúde, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde ou planificar ou planificar actividades de promoción e prevención da saúde.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no contorno da atención primaria de saúde. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.