Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas nunha unidade de atención a doentes en situación crítica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde que será exposta verbalmente, aos outros estudantes e ó profesor.
Actividades iniciais Actividades que se leva a cabo antes do inicio das prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.