Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Solución de problemas Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 3 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é  necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao


A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.



Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.