Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas Actividade formativa que conleva un contacto coa realidade profesional, facendo posible a observación e comprensión da relación entre a teoría e a práctica, así coma a progresiva participación nas actividades propias da profesión enfermeira na área infantil. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio nunha unidade pediátrica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. Consiste na selección dunha situación clínica concreta para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a resolución da situación clínica seleccionada.