Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria.
Solución de problemas O profesor plantexará unha situación real na que o estudante deberá aportar ás suas solucións baseadas na evidencia científica e nos coñecementos adquiridos ó longo da titulación. Actividade presencial que será realizada en grupos pequenos.
Portafolios do alumno Constará de tres partes:
1- Reflexión crítica sobre a a prendizaxe na unidade clínica donde se realiza o Practicum para amosar o coñecemento alcanzado da organización, persoal, recursos materiáis e procedementos da mesma.
2- Autoavaliación do estudante medianta a cumprimentación dos items de coidado e técnica previamente facilitados polo profesor.
3- Diario Reflexivo de Práctica Clínica, donde o estudante fará un xuizo persoal da súa experiencia no Prácticum, asi como das expectativas que ten no exercizo da profesión enfermeira.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Seminario Durante este periodo práctico o estudante debe elaborar e entregar dous traballos baseados na súa práctica clínica, que serán posteriormente expostos e discutidos en duas sesións de grupo reducido. A exposición realizaráse de xeito oral con soporte audiovisual e tempo limitado.
O primeiro traballo presentarase o término das primeiras 6 semanas e o segundo traballo na primeira semana de Maio.