Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada baseada na adquisición de competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos. 50
Seminario Nos seminarios practico-clínicos, presentaránse os traballos elaborados polo estudante ó longo do Practicum. A presentación será oral con apoio audiovisual e computará como un 40% da nota total da asignatura.
Os criterios de avaliación son os seguintes:

1. Presentación e estrutura: ata 2 puntos.
2. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese: ata 2 puntos.
4. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos.
40
Solución de problemas A participación nas sesións de solución de problemas e obligatoria, computa un 5% na nota final da asignatura. Terase en conta a participación do estudante e o seu dominio dos coñecementos adquiridos na Práctica Clínica. 5
Portafolios do alumno A correcta cumprimentación do Portafolios do alumno e a súa entrega en tempo e forma e obrigatoria e computa un 5% na nota final da asignatura.
Avaliarase:
1- A capacidade de síntese na avaliación da aprendizaxe na unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeria: ate 4 puntos
5
 
Observacións avaliación






Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


 


A aplicación da cualificación correspondente  realizaráse sempre que o estudante teña todalas  probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Seminarios e Portafolios ) superadas de xeito independente.


Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínica, Solución de Problemas, Seminarios e Portafolios). A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. A nota final da asignatura obterase aplicando o metodo de cálculo porcentual a cada unha das notas obtidas nas diferentes partes da asignatura.



O sistema de cualificacions  expresaráse mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)


O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.


Os aspectos e criterios xeráis que a ter  en consideración ó avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Seminarios e Portafolios) serán:  asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contenidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.


As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todalas probas para acadar unha cualificación positiva definitiva