Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se levan a cabo o inicio do periodo lectivo consistente unha sesión na que se especifican tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Os estudantes poderán elixir entre os seguintes tipos de traballos:

• Traballo de revisión.
Permite aos estudantes identificar, analizar e sintetizar os resultados procedentes de diferentes estudos para determinar o coñecemento actual sobre dun tema, área ou problema.

• Deseño proxecto de investigación.
Permite aos estudantes realizar o deseño dun estudo co obxectivo de definir coidadosamente cada unha das partes que debe conter un traballo científico.

• Traballos de investigación.
Permite aos estudantes explorar, describir e analizar fenómenos relacionados coa actividade profesional.

• Estudio de caso.
Permite aos estudantes realizar a análise minuciosa dun caso para comprender en profundidade o problema de estudo.
Presentación oral Consistirá na exposición oral dos aspectos mais relevantes do traballo realizado durante un tempo máximo de 10 minutos, poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. A exposición oral será en galego ou castelán.
Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación.