Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais, suporá o 10% da cualificación final.
As probas específicas de resolución de casos, supora un 10%.
20
Traballos tutelados A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. 15
Proba mixta Realizaranse unha proba escrita na data oficial do exame da materia ao finalizar o primeiro semestre. As probas constarán de preguntas curtas e tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Esta proba suporá o 65 % da cualificación final. 65
Presentación oral A avaliación desta metodoloxía forma parte dos criterios de avaliación dos traballos e/ou temas que prepara o estudante e que inclúan a exposición oral. 0
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os criterios que estableza a profesora.