Código
|
Competencias da titulación
|
A11 |
Coñecer os fundamentos da biomecánica e a cinesioloxía. Teorías de apoio. A marcha humana. Alteracións estruturais do pé. Alteracións posturais do aparato locomotor con repercusión no pé e viceversa. Instrumentos de análise biomecánico. |
A17 |
Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica. |
A19 |
Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico. |
A20 |
Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A38 |
Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A51 |
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B11 |
Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |