Código
|
Competencias da titulación
|
A17 |
Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica. |
A20 |
Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías. |
A22 |
Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A39 |
Desenvolver as técnicas de exploración física. |
A40 |
Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A42 |
Emitir un diagnóstico e pronóstico. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A45 |
Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A49 |
Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
A52 |
Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica. |
A54 |
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A55 |
Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A59 |
Adquirir a capacidade de comunicar nos foros científicos os avances profesionais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |