Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Planear a acción preventiva a desenvolver, nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas. AP1
Contrastar as condicións de seguridade nos centros de traballo e describir as técnicas de seguridade dirixidas a vixiar e previr o risco de accidentes. AP2
Desenvolver o deseño e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais e a súa integración na empresa. AP6
Integrar as técnicas afíns á prevención: xestión da calidade, xestión medioambiental, prevención de riscos patrimoniais e seguridade vial. AP7
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8