Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Estudo de casos
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada será unha constante: o profesor fará un seguimento particular de cada alumno, e prestará especial atención á súa adicación, interese por aprender, a súa adquisición de novos coñecementos e habilidades e como integra os novos coñecementos cos xa posuídos.
A atención persoalizada é especialmente relevante á hora de elaborar o traballo tutelado e resolver os problemas plantexados nas actividades da proba mixta: o estudante deberá atender puntualmente as entrevistas que o profesor lle sinale, e seguir as súas indicacións.
Os estudantes poderán ademais solicitar atención individualizada do profesor cando o estimen necesario, seguindo o procedemento (correo electrónico, cita previa, titorías localizadas...) que este lles indique ao inicio das sesións presenciais.