Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Con esta actividade preténdese introducir aos alumnos no coñecemento das linguas de signos, xa que normalmente non teñen nocións destas linguas, sobre todo dende un punto de vista lingüístico.
Presentación oral Os alumnos escollerán un aspecto gramatical que sexa do seu interese e farán unha análise comparativa que presentarán en clase, de xeito oral, con apoio visual, diante dos seus compañeiros
Aprendizaxe colaborativa Faranse leituras comentadas de diferentes traballos lingüísticos e análise de aspectos gramaticais.
Lecturas Os alumnos terán que facer algunhas leituras relacionadas co tema do curso fóra da aula.
Sesión maxistral As horas destinadas ás sesións maxistrais centraranse na explicación dos contidos teóricos da materia.