Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Como xa se indicou, durante as horas presenciais proporanse tres tarefas que terán que ser realizadas na aula en colaboración cos compañeiros e co docente. En todas elas terase que aplicar a metodoloxía de análise do discurso aos casos propostos ou a capacidade para resumir as ideas fundamentais dalgún artigo que será previamente lido. Para conseguir a nota máxima deberán realizarse as tres actividades correctamente. 30
Traballos tutelados Baixo a tutela do docente, os alumnos e alumnas terán que escoller un tema relacionado coa materia no que profundizarán a través dos coñecementos adquiridos e da metodoloxía proposta co fin de chegar a conclusións novidosas para o ámbito de estudo. 70
 
Observacións avaliación
A asistencia regular ás sesións presenciais tamén se valorará positivamente. Posto que o curso pode recibirse a través de videoconferencia, con carácter semipresencial e presencial, recoméndase que os matriculados indiquen ao comezo do curso
o tipo de asistencia que terán en relación coas súas obrigas persoais ou profesionais.
A forma de evaluación na segunda oportunidade será a través do traballo ou proxecto, que constituirá o 100% da cualificación.