Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As diferentes actividades propostas implican unha atención personalizada que se realiza nas sesións presenciais ou nas tutorías. O seguimento do curso realizarase así mesmo mediante tutorías personalizadas vía telemática. Para facilitar o seguimento do curso, parte dos contidos do mesmo estarán dispoñibles na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es)
A docente tratará de sistematizar as dúbidas, as preguntas individuais e ofrecer respostas para o conxunto do grupo de maneira que se garanta o acceso á información e ao ensino/aprendizaxe.