Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Despois da consulta de fontes bibliográficas, discutirase na aula sobre algún tema que suscite debate.
Traballos tutelados Traballo de crítica literaria sobre unha obra literaria, á elección do alumno, e a partir das ferramentas metodolóxicas que se darán a coñecer na aula.
Presentación oral Serán expostos na aula os traballos de crítica literaria, indicando a lectura de fontes e explicando o proceso de elaboración.
Lecturas A partir da bibliografía indicada, acordarase na aula a lectura de capítulos, artículos ou información na rede, para debater na aula.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os estudantes estarán pendentes de acudir a conferencias, xornadas e actividades literarias que se desenvolvan na contorna, para relacionar os contidos do curso coa realidade literaria e cultural que nos arrodea.
Actividades iniciais Destinarase un tempo ao inicio do curso para que os alumnos informen á docente das motivacións, preparacións e proxectos en relación coa súa presenza no Posgrao
Sesión maxistral O docente exporá os contidos, explicará e aclarará as dúbidas que poidan presentar os alumnos.