Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación | Código | 613484005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. | 40 |
Seminario | Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas que serán marcadas e facilitadas pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. | 20 |
Presentación oral | Avaliación da presentación oral do traballo tutelado. | 20 |
Obradoiro | Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. | 20 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, nas datas marcadas pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos que foren solicitados pola profesora. |