Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos desenvolvidos nas aulas, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para o traballo que desenvolverán de forma individual.