Código Competencias da titulación
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.