Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Léanse as "Observacións". 30
Solución de problemas Léanse as "Observacións". 30
Traballos tutelados Léanse as "Observacións". 30
Sesión maxistral Léanse as "Observacións". 5
Seminario Léanse as "Observacións". 5
 
Observacións avaliación
1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 1.ª OPORTUNIDADE terá o seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 30% obterase pola realización dun TRABALLO TUTELADO.

1.2. Un 30% corresponderá a unha PROBA ESCRITA (= PROBA MIXTA) final que se realizará na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 1.ª oportunidade. Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias, e tamén poderá constar de exercicios de aplicación. Os/As estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.

1.3. Un 30% obterase a través da realización de PRÁCTICAS preparadas en horas non presenciais (= OBRADOIRO).

1.4. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do/a estudante ao longo do curso (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS). Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos/coas compañeiros/as e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo.


2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

2.1. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade por non acadaren os 4 puntos na PROBA ESCRITA final deberán facer un novo exame escrito do mesmo tipo que o da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 2.ª oportunidade. Cfr. punto 2.2.

2.2. Aos/Ás estudantes que non superen a materia na 1.ª oportunidade incluiráselles a asistencia e participación no reparto porcentual correspondente á proba escrita, de modo que esta terá un valor do 40% na segunda oportunidade. Cfr. punto 2.1.

2.3. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade e non superen ou non entreguen algunha(s) actividade(s) (= PRÁCTICAS) deberán realizar as actividades substitutivas que se lles encomenden para a 2.ª oportunidade. O profesor fará públicas a(s) actividade(s) que debe realizar cada estudante e as instrucións pertinentes; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2.ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final.

2.4. Os/As estudantes que suspendan a materia na 1.ª oportunidade e non acaden o nivel de aprobado no TRABALLO TUTELADO (5 puntos sobre 10) deberán reelaboralo a partir das recomendacións que lles faga o profesor; o prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2.ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:

3.1. Recibirán a cualificación de NON PRESENTADO (NP) só aqueles/as estudantes que (a) non se presenten á proba escrita e que, ademais, (b) entreguen menos de tres actividades avaliables.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA
ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida
concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio de curso
para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na
avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non
presenciais equivalentes).