Descrición xeral |
Descrición e estudo do nivel morfolóxico da lingua española.
O curso baséase no coñecemento dos diferentes procesos morfolóxicos de formación de palabras (morfoloxía léxica) e flexión (morfoloxía flexiva) do castelán: as unidades morfolóxicas, as clases de palabras, composición, derivación e outros procesos híbridos, as categorías gramaticais do castelán (xénero, número, tempo...). Os temas teóricos (sesións maxistrais), deseñados para que o almuno se familiarice coa terminoloxía e os conceptos básicos da materia, irán complementados con actividades de tipo práctico. Polo tanto, o curso é basicamente de natureza teórico-práctico e basearase dende o primeiro día na resolución de problemas e o correspondente debate dirixido en torno á súa resolución. |