Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Porcentaxe non real: lea as observacións 10
Traballos tutelados Porcentaxe non real: lea as observacións 45
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s 45
 
Observacións avaliación

Observacións:


1. A CUALIFICACIÓN FINAL de xaneiro responderá ao seguinte reparto porcentual:


1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. No mes de novembro celebrarase unha proba parcial escrita liberatoria da materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame oficial de xaneiro.


1.2. Un 45% obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas.


1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.